InicioPolíticaAbel Caballero critica que a Xunta solicite a licenza para construír o...

Abel Caballero critica que a Xunta solicite a licenza para construír o centro de saúde de Bouzas “con 10 anos de atraso”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores que a Xunta de Galicia solicite a licenza para construír o centro de saúde de Bouzas “sen ter o proxecto de execución nin dispoñibilidade de crédito”, con 10 anos de atraso (con respecto a cando se lle cederon os terreos) e “xusto antes das eleccións municipais”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico recordou que o Concello expropiou os terreos e cedeu o espazo á Xunta para a construción desa dotación sanitaria en 2008 e que, ata agora, non só non a construíu, senón que “polo camiño” pechou o centro de saúde da Casa do Mar.

“E de súpeto presentan unha petición de licenza para a metade de superficie”, denunciou, e engadiu que “nin sequera poden empezar porque non teñen o proxecto de execución nin dispoñibilidade de crédito, porque non hai unha partida nos orzamentos para o centro de saúde de Bouzas”.

Abel Caballero afirmou que, nesas circunstancias, “non é crible” o anuncio da Xunta de que construirá o centro de saúde. “Témonos que temer que é un engano. Sen proxecto, sen diñeiro, por que lles imos a crer?”, apuntou o alcalde, quen engadiu que o Sergas pediu a licenza “xusto antes das eleccións municipais”.

Pola súa banda, a portavoz do grupo municipal do PP, Elena Muñoz, proclamou que Bouzas “por fin” vai ter o seu centro de saúde, cun proxecto “acordado” cos veciños e lamentou que “parece que ao alcalde lle molesta”.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...