InicioEconomíaTradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír...

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores unha concentración en Vigo, ademais dunha “folga simbólica”, coincidindo co Día Mundial da Tradución, para reivindicar o seu labor e denunciar que o uso de novas tecnoloxías como a IA “precariza” o seu traballo e destrúe empregos no sector.

Así o trasladou o secretario da asociación, José Rodríguez, que sinalou que o “mal uso” da IA fai que moitas empresas e institucións substitúan tradutores e intérpretes por estas tecnoloxías, unhas tecnoloxías que “non poden traducir” cos mesmos niveis de calidade que as persoas profesionais. Esta tendencia abarateceu as tarifas de tradución nun colectivo no que a maioría das persoas traballa por conta propia, e levou moitas delas a abandonar a profesión.

José Rodríguez alertou do impacto do uso da IA e lembrou que non só promove a precariedade laboral, senón que os grandes desenvolvedores non dubidan en “roubar” a propiedade intelectual dispoñible na rede para “adestrar” estas intelixencias artificiais. Na mesma liña, AGPTI denunciou o uso sistemático da pos-edición, unha práctica que substitúe o traballo da tradutora ou do tradutor, que só é contratado, no mellor dos casos, para corrixir o xa feito pola tecnoloxía. Na maioría das veces, a persoa profesional acaba tendo que facer o seu traballo desde cero e “á metade de prezo”.

APOSTAR POLO TRABALLO HUMANO

Por todo iso, a asociación reclamou ás institucións, ás administracións e ás empresas que non substitúan o traballo humano pola IA, que empreguen estas tecnoloxías para crear texto ou cartelería, que lles esixan aos xigantes da IA que paguen por utilizar a propiedade intelectual, ou que se fixen “tarifas dignas” para tradutores e intérpretes.

Así mesmo, pedíronlle, no caso de Vigo, á Universidade e á Facultade de Filoloxía que teñan unha “posición rotunda” e pública contra o uso da IA para substituír o seu traballo e que non a empreguen na formación das profesionais e dos profesionais do futuro.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...