InicioSociedadeVigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

A caixa de agasallo xigante da Gran Vía medrará ata os 18 metros de altura e contará con 81.000 luces LED.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu Nadal, despois de comezar en xullo co ensamblaxe do seu alumeado, que este ano contará con máis de 12 millóns de luces LED. Así, o alcalde, Abel Caballero, presentou esta mañá en Gran Vía a caixa de agasallo xigante, un dos elementos “máis emblemáticos” do Nadal vigués, que se coloca cada inverno ao carón da figura dos Rederos.

Con 18 metros de altura, un máis ca o ano pasado, terá nove metros de ancho e 15 de profundidade, con 81.000 luces LED en total, 2.000 máis. O alcalde destacou que en total haberá na cidade uns 12 millóns de luces LED, que poderían chegar finalmente a case 13 millóns. Estes elementos estarán distribuídos por distintos puntos da cidade xunto con 7.000 motivos decorativos.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...

Unha persoa resulta ferida nun choque con cinco vehículos implicados en Vigo

Una persoa resultou ferida tras verse afectada por un accidente de tráfico na cidade...