InicioSociedadeUnha médica do Álvaro Cunqueiro acepta un ano de cárcere por roubar...

Unha médica do Álvaro Cunqueiro acepta un ano de cárcere por roubar e falsear receitas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha médica que traballaba no servizo de Urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo aceptou un ano, un mes e 15 días de prisión por falsificar unhas receitas utilizando un talonario dunha compañeira sen o seu permiso. A vista de conformidade celebrouse este martes na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica, e tivéronse en conta as atenuantes de alteración psíquica e de reparación do dano, xa que abonou os 3.000 euros de responsabilidade civil. Ademais, impúxoselle unha multa de 555 euros e un ano de inhabilitación.

Segundo consta no escrito de acusación pública, os feitos ocorreron o 6 de decembro de 2023, cando a acusada estaba a traballar e, aproveitando que a súa compañeira se ausentara momentaneamente, colleulle da mochila o talonario de receitas e o seu selo oficial. Así, retirou varias follas e selounas, e despois cubriunas con prescricións de varios medicamentos e asinou, facendo ver que foran expedidas pola súa compañeira. Posteriormente, retirou os medicamentos nun par de farmacias.

A Fiscalía fai constar que a acusada está diagnosticada dun trastorno de personalidade con síntomas de TDHA “de moderada relevancia”, o que limita a súa capacidade volitiva, aínda que non a súa capacidade cognitiva. Por estes feitos, acusábaa dun delito continuado de falsificación de documento oficial e pedía unha pena de 3 anos e 6 meses de prisión e de 3 anos de inhabilitación para exercer as súas funcións de médica. Porén, tras chegar a unha conformidade, a pena reduciuse en ambos os casos.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...