InicioTraballoA Fiscalía pide tres anos e medio de prisión para unha médica...

A Fiscalía pide tres anos e medio de prisión para unha médica de Vigo por falsificar receitas dunha compañeira

O Ministerio Público sostén que a facultativa colleu sen permiso un talonario e un selo profesional no Álvaro Cunqueiro e empregounos para obter medicamentos en varias farmacias

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía solicita tres anos e seis meses de prisión e tres anos de inhabilitación para exercer como médica para unha facultativa que traballaba no servizo de Urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, á que acusa de falsificar varias receitas empregando o talonario e o selo profesional dunha compañeira sen o seu consentimento.

Os feitos que recolle o escrito de acusación do Ministerio Público remóntanse ao 6 de decembro de 2023. Segundo a versión da Fiscalía, a acusada atopábase ese día traballando no centro hospitalario cando aproveitou unha ausencia momentánea da súa compañeira para acceder á súa mochila e coller tanto o talonario de receitas como o selo oficial.

A acusación sostén que a médica retirou varias follas do talonario, estampou nelas o selo e cubriu posteriormente as receitas con prescricións de distintos medicamentos. Ademais, tería asinado os documentos de maneira que aparentasen ter sido expedidos pola facultativa á que pertencía o material.

Posteriormente, sempre de acordo co relato fiscal, a acusada empregou esas receitas para retirar os medicamentos prescritos en dúas farmacias. A Fiscalía considera que estes feitos son constitutivos dun delito continuado de falsificación de documento oficial.

UNHA MULTA DE 3.600 EUROS E UNHA INDEMNIZACIÓN Á COMPAÑEIRA

O Ministerio Público interesa unha condena de tres anos e medio de cárcere, xunto con tres anos de inhabilitación para o exercicio das funcións propias da profesión médica. A esta petición engádese unha multa de 3.600 euros.

A Fiscalía reclama tamén que a acusada indemnice con 3.000 euros á compañeira propietaria do talonario e do selo, en concepto dos danos morais que considera derivados dos feitos.

No seu escrito, a acusación pública fai constar igualmente que a facultativa está diagnosticada dun trastorno da personalidade con síntomas de TDAH “de moderada relevancia”. Segundo expón a Fiscalía, esta circunstancia limitaría a súa capacidade volitiva no momento dos feitos, aínda que non afectaría á súa capacidade para comprender as súas accións.

ÚLTIMAS

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...

Media ducia de detidos e diversas drogas intervidas en só dúas semanas, en operativos contra o ‘menudeo’ en Vigo

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detivo seis persoas en cinco operacións contra...