InicioPolíticaO PP de Vigo reivindica unha cultura "de calidade" e destaca a...

O PP de Vigo reivindica unha cultura “de calidade” e destaca a rehabilitación do Teatro Fraga

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, destacou o seu compromiso para que a cultura da cidade olívica “volva latexar con forza” e puxo como exemplo a recuperación do Teatro Cine Fraga para que “volva ocupar o lugar que merece”. “Queremos que a cultura de Vigo volva latexar con forza, estamos ao carón das asociacións, das entidades e tamén dos artistas”, remarcou este sábado acompañada polo portavoz e vicesecretario de Cultura e Deporte do PP, Borja Sémper.

Alí, Luisa Sánchez incidiu en que as administracións do Partido Popular “non se conforman” cun posto 26 en calidade e innovación da oferta cultural das cidades. “Aspiramos a que Vigo estea no máis alto dese ranking”, asegurou. Os populares contrapuxeron a súa postura co “abandono e a falta de interese” do goberno de Abel Caballera pola cultura, que “se demostra no feito de que Vigo está á cola de Galicia no gasto en cultura por habitante, segundo o último informe do Consello da Cultura Galega, só superado por Ourense”.

“É un alcalde que escatima recursos e afoga con atrancos administrativos aquelas propostas nas que non pode exercer de teloneiro. Pero esa forma de actuar, ese asedio e ese bloqueo ás entidades viguesas, teñen os días contados”, advertiu. Pola súa banda, Borja Sémper enxalzou a “aposta” da Deputación de Pontevedra e da Xunta por “recuperar o Teatro Cine Fraga”, que representa a “vocación da iniciativa privada e a determinación de dúas administracións que van recuperar un dos edificios máis importantes da España do século XX”.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...