InicioSociedadeO Concello dará licenza ao centro de saúde de Bouzas, aínda que...

O Concello dará licenza ao centro de saúde de Bouzas, aínda que dubida que se vaia a construír

Acusa á Xunta de facer "unha pantomima" para tapar a situación da sanidade viguesa. Ademais, critica que o proxecto que se contempla está "reducido" respecto do inicial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo ultima a tramitación da licenza solicitada polo Sergas para construír un centro de saúde en Bouzas, aínda que cuestionou que finalmente se vaia a construír. Ademais, volveu  denunciar que se trata dun proxecto “reducido”, con respecto ao planificado inicialmente.

Así o comunicou en rolda de prensa o portavoz do goberno local, o edil socialista Carlos López Font, quen avanzou que o permiso estará listo “nuns días”.

No entanto, incidiu en que o anuncio da construción deste centro de saúde é unha forma de “desviar a atención” por parte da Xunta, dado que “ten a sanidade en Vigo patas para arriba”, con centros de saúde prometidos que non se chegaron a construír, peche doutros, folga na PAC, dimisión en bloque dos xefes de Atención Primaria, ou con “as listas de espera máis altas de Galicia”.

Por outra banda, o portavoz do goberno vigués iincidiu en que a licenza solicitada polo Sergas é para construír “un minicentro de saúde”, cun proxecto reducido “á metade” con respecto ao presentado en 2010.

Así, recordou que, nun principio, prevíase construír un centro de saúde de máis de 1.400 metros cadrados, cun investimento de máis de 1,5 millóns de euros. O proxecto actual, apuntou, prevé un investimento que non chega ao millón de euros, para unhas instalacións de 743 metros cadrados, que non cubrirán as necesidades do barrio de Bouzas.

“Pedir esta licenza é unha pantomima, un engano electoral, outra volta de tuerca da Xunta para enganar os vigueses e os veciños de Bouzas”, sentenciou Font quen aseverou: “Estamos convencidos de que non se vai a construír”.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...