InicioSociedadeA hostalería carga contra a taxa turística de Vigo: “Non hai masificación...

A hostalería carga contra a taxa turística de Vigo: “Non hai masificación e pode prexudicar a economía local”

Feprotur cuestiona a medida aprobada polo Concello e advirte de que pode encarecer as estadías, restar competitividade ao destino e engadir cargas aos pequenos aloxamentos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Empresarial de Turismo e Hostalería de Pontevedra (Feprotur) lamentou que a taxa turística aprobada polo Concello de Vigo “carece de xustificación” e advertiu de que “pode prexudicar a economía local” nunha cidade na que, segundo sostén, “non hai masificación”. Nun comunicado, os empresarios explicaron que a taxa turística nace como unha ferramenta para facer fronte aos efectos da masificación nos grandes destinos turísticos, onde a presión sobre os servizos públicos, as infraestruturas e o espazo urbano é constante.

“Consideramos que esta realidade dista moito da situación de Vigo, que rexistra aumentos significativos de visitantes durante eventos concretos, festividades ou determinados períodos do calendario, pero non soporta unha presión turística continuada ao longo do ano”, apuntaron. Ademais, engaden, os problemas “puntuais” de saturación que pode experimentar Vigo débense principalmente ao elevado volume de visitantes procedentes doutros concellos e localidades, atraídos por eventos como o Nadal ou O Marisquiño.

Porén, segundo incide Feprotur, a maior parte deses visitantes acoden á cidade sen pernoitar nela, polo que non se verían afectados directamente por unha taxa vinculada ao aloxamento. A federación sinala que na cidade hai entre 4.000 e 5.000 prazas hoteleiras e arredor de 16.000 prazas de aloxamento turístico en total. “Mesmo nun escenario de ocupación completa, a cidade tería unha proporción aproximada dunha praza turística por cada 19 habitantes, unha cifra moi afastada da dos destinos que sofren unha saturación estrutural”, subliñan.

Neste sentido, os empresarios consideran que Vigo “dispón de capacidade suficiente para absorber o volume de visitantes que recibe” sen que iso supoña unha sobrecarga permanente para a cidade nin para os seus servizos públicos. A directiva de Feprotur manifesta tamén a súa preocupación por unha medida que considera pouco axustada á realidade turística de Vigo e unha carga administrativa engadida para os pequenos establecementos e aloxamentos.

“Gravar a chegada de visitantes pode resultar contraproducente, xa que calquera incremento no custo da viaxe pode influír na elección do destino”, critican. A federación considera que este efecto pode ser especialmente relevante nun destino que aínda busca consolidar o seu posicionamento turístico e atraer novos visitantes, polo que insiste en que a taxa podería acabar afectando á competitividade da cidade fronte a outros destinos.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...