InicioPolíticaCaballero garantiza a auga a Baiona un día despois de dicir que...

Caballero garantiza a auga a Baiona un día despois de dicir que podía cortarlla: “É porque a Xunta non fai nada”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que garante a subministración de auga ao municipio veciño de Baiona “todo o tempo que a necesite”, aínda que volveu reclamar á Xunta unha solución integral para o abastecemento da área e a construción dunha segunda presa no río Oitavén.

Horas despois de afirmar que a cidade non ten obriga de subministrarlle auga a Baiona e de que podía cortar a subministración, e despois de que a Xunta advertise de que Augas de Galicia podería intervir para garantir a auga para os baioneses, o alcalde aclarou que esa subministración se manterá “todo o tempo que sexa preciso”. “Por moito que a Xunta se empeñe, seguiremos dándolle auga a Baiona (…), onte déronse 10 litros por segundo, hoxe piden un pouco menos e darémoslle toda a que necesite”, proclamou.

Con todo, volveu insistir en que a Xunta non está a facer “nada”, e que é o Concello vigués o que está a actuar, non para garantir o abastecemento a Baiona, senón para amañar os problemas das conducións a Moaña ou a Redondela. “E que fai a Xunta de Galicia? Nada. Nada. Protestar, ameazar. E améazanos porque lle damos auga a Baiona”, afirmou o rexedor, que insistiu na necesidade dunha “solución global”, que inclúa unha segunda presa no Oitavén “para non ter que estar con restricións en ningún momento”.

“Garantímoslle a auga a Baiona todo o tempo que a necesite. É a solidariedade e a proximidade de Vigo”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...