InicioSociedadeO PP pide a rexeneración do paseo de Bouzas en Vigo

O PP pide a rexeneración do paseo de Bouzas en Vigo

Acusa ao concello do seu deterioro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo pediu que canto antes se materialice a rexeneración do paseo de Bouzas (que o Concello pediu que sexa cedido á administración municipal) e responsabilizou ao goberno de Abel Caballero da súa deterioración, posto que é “a súa responsabilidade” a conservación e mantemento dese espazo.

Así o trasladou o concelleiro Miguel Fidalgo, quen cualificou como “lamentable” o estado de “abandono” do paseo nos últimos 12 anos de goberno local socialista. A ese respecto, recordou que “a obrigación do mantemento foi sempre do Concello”, do mesmo xeito que no Paseo das Avenidas, en virtude dos acordos alcanzados co Porto.

Segundo Fidalgo, o goberno local buscou “escusas” para non facerse cargo desa conservación e agora “serán os vigueses” os que teñan que asumila, se se materializa, como anunciou Caballero, a cesión da parte do paseo que depende da Dirección de Costas. “O lóxico é que Costas o cedese en perfecto estado”, engadiu.

En todo caso, o concelleiro do PP reclamou que se faga realidade “canto antes” o proxecto para rexenerar ese espazo “e que a cesión non sexa unha nova manobra de distracción, unha cortina de fume para dilatar o proceso”.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...