InicioSociedadeCondenas de ata case 11 de cárcere para catro acusados de introducir...

Condenas de ata case 11 de cárcere para catro acusados de introducir 651 quilos de cocaína polo Porto de Vigo

A droga chegou oculta en palés de plátanos procedentes de Sudamérica e tiña un valor no mercado ilícito superior aos 25,5 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a penas de entre nove anos e dez anos e sete meses de prisión catro acusados de introducir 651 quilos de cocaína en palés de plátanos a través do Porto de Vigo. Na sentenza, os maxistrados consideran probado que os catro procesados formaban parte dunha organización dedicada á introdución en España de cocaína procedente de Sudamérica. Os sospeitosos foron detidos o 26 de abril de 2023, cando foi interceptado en Vigo un camión con 651 quilos de cocaína, cun valor no mercado ilícito superior aos 25,5 millóns de euros.

No seu fallo, a Audiencia relata que, entre xullo de 2022 e abril de 2023, a raíz de información de cooperación policial internacional, “levouse a cabo unha investigación sobre unha trama de persoas estruturada e sostida” que tería como obxectivo manter formas estables de introdución de cargamentos de cocaína disimulados na carga lícita de contedores de tránsito comercial procedentes de América do Sur. Segundo recolle a resolución, esa droga entraría, entre outros puntos, polo Porto de Vigo, onde se substituirían os palés cargados en orixe con cocaína por outros idénticos aos transportados para garantir que a operación non fose descuberta.

O tribunal considera probado que a estrutura organizativa estaba dirixida por unha persoa non xulgada e que, semanas antes, en marzo de 2023, se fixo un primeiro envío de contedores de bananas nun dos cales se introduciran palés con cocaína, que foi incautada xa en Colombia. Despois, en abril dese ano, enviouse un segundo cargamento, que estaba a ser seguido grazas á intervención de axentes encubertos “debidamente autorizados”.

COCAÍNA EN VIGO

Tamén se considera probada a chegada do contedor ao Porto de Vigo e a intervención do camión cos palés, así como os informes periciais que confirmaron a substancia e a súa pureza. A Sala rexeitou as cuestións previas formuladas polas defensas pola falta de acreditación dunha vulneración grave de dereitos ou de provocación, ao entender que a actuación policial foi meramente investigadora e que as posibles deficiencias formais non contaminan a proba.

Desta forma, a Audiencia condena un dos acusados a dez anos de prisión e ao pagamento dunha multa de 70 millóns de euros. A outro dos sospeitosos, respecto do cal ten en conta a agravante de reincidencia, impónlle dez anos e sete meses de prisión e tamén unha multa de 70 millóns de euros. A cada un dos outros dous acusados impónlles nove anos de prisión e unha multa de 50 millóns de euros. Con todo, a sentenza non é firme, xa que cabe interpor recurso de apelación ante a Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O XUÍZO

O xuízo celebrouse o pasado mes de maio na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra. Durante as distintas vistas, as defensas dos acusados apuntaron a un posible “delito provocado” polos propios funcionarios encubertos. Agora, os maxistrados rexeitan ese argumento. Pola súa banda, un destes axentes destacou que se trataba dunha organización moi asentada e con experiencia neste tipo de feitos. Con todo, a Audiencia só condena os catro procesados, debido a que o xefe da trama, Damián G.U., non foi xulgado porque se atopa en paradoiro descoñecido.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...