InicioDeportesCaballero pide a Deep Purple atrasar o seu concerto o xoves polo...

Caballero pide a Deep Purple atrasar o seu concerto o xoves polo partido da selección española

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo contactou cos representantes do grupo Deep Purple para proporlles que atrasen unha hora o inicio do concerto previsto para este xoves no Auditorio Municipal de Castrelos, para que non coincida co partido que a selección española disputará contra Austria (21.00 horas) na Copa do Mundo. Segundo explicou o alcalde, en declaracións remitidas aos medios, os representantes da banda aínda non responderon, pero trasladou a súa esperanza de que acepten para que “a todos” gustaríalles poder ver o partido e despois “gozar do concerto”.

O Concello expuxo que o concerto comece ás 23.00 hroas, unha hora máis tarde do previsto, e Abel Caballero avanzou que, no caso de que o grupo acepte, retransmitirase o partido nas pantallas situadas nos laterais do escenario de Castrelos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...