InicioSociedadeBinter reforza a conexión entre Vigo e Canarias con dúas novas frecuencias...

Binter reforza a conexión entre Vigo e Canarias con dúas novas frecuencias semanais no verán

A compañía suma voos os luns e xoves con Gran Canaria ata acadar 13 frecuencias semanais entre a cidade olívica e o arquipélago.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A compañía aérea Binter iniciou este luns o reforzo da súa programación entre Vigo e Canarias para a tempada de verán, coa incorporación de dúas frecuencias adicionais entre a cidade olívica e o arquipélago. En concreto, os novos voos unirán os luns e os xoves Vigo co aeroporto de Gran Canaria, ata acadar un total de 13 frecuencias semanais entre ambos os destinos. Deste xeito, Binter conecta Vigo e Canarias todos os días da semana, con dobre frecuencia en seis deles.

Segundo sinalou a compañía nun comunicado, a aeroliña opera voos con Gran Canaria os luns, martes, mércores, xoves, venres e domingos, mentres que a conexión con Tenerife se mantén a diario. A empresa destacou ademais que estes voos manteñen unha das características diferenciais de Binter: a posibilidade de chegar ao mesmo prezo a calquera dos aeroportos canarios, ao ofrecer de balde os voos interinsulares en conexión. Desta forma, os pasaxeiros poden aproveitar os máis de 220 traxectos diarios que a compañía realiza entre as diferentes illas do arquipélago.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...