InicioSociedadeProfesorado do IES Castelao de Vigo denuncian "censura" da Xunta nunha exposición...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Os autores do proxecto gañador das Letras Galegas 2026 acusan á Secretaría Xeral da Lingua de eliminar unha estrela da bandeira galega sen o seu consentimento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición sobre a escritora e xornalista Begoña Caamaño —homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026—, denunciou “censura” por parte da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta, a quen acusan de “impor” unha modificación no seu proxecto “sen o consentimento dos autores”.

En concreto, relataron que antes de poder expor o traballo en centros de ensino, a Secretaría, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, acordou cos autores unha serie de modificacións “que aceptaron na súa maioría”, fóra da eliminación da bandeira galega coa estrela nunha das ilustracións. “Queremos pór en coñecemento da opinión pública o que consideramos unha vulneración inaceptable dos dereitos de propiedade intelectual e un intento de ocultación do contexto ideolóxico da autora”, expuxeron os profesores nun comunicado difundido este martes.

Pola súa banda, consultada por Europa Press, a Consellería defendeu que en todas as edicións do certame “levan a cabo axustes e edicións dos materiais de face á súa exposición pública”. Así mesmo, asegurou que estes cambios “sempre son consensuados” e contan coa autorización do equipo directivo do centro e do persoal docente coordinador das mostras, “tal e como ocorreu neste caso”.

Con todo, o profesorado subliñou que os participantes na elaboración do proxecto negáronse unanimemente á eliminación da bandeira por considerala parte do período vital da figura “e necesaria para a súa comprensión”. “No entanto, dada a insistencia do persoal técnico, aceptamos revisar unha proposta de modificación por parte da Secretaría que nunca se nos enviou. Unha vez publicado o traballo constatamos a eliminación da estrela e mesmo a deturpación da bandeira, polo que solicitamos á Secretaría unha explicación”, esixiron os docentes.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...