SOS Desaparecidos desactivou a alerta pola desaparición en Vigo dunha muller, de 44 anos de idade, cuxo paradoiro se descoñecía desde a tarde deste pasado domingo. Foron os seus propios familiares os que avisaron da aparición da muller, que está “desorientada pero ben”, segundo indicaron en redes sociais.
Trátase de Tamara N.M., cuxos familiares denunciaran que non sabían nada dela desde onte, organizando incluso unha batida para a tarde deste luns que xa foi cancelada.
