InicioPolíticaCaballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender “devaluar” a categoría ambiental das illas Cíes, por propor que sexan Reserva da Biosfera da Unesco, e concluíu que o goberno galego “xa non defende que as Cíes sexan Patrimonio da Humanidade”. Así o trasladou en declaracións remitidas aos medios, nas que denunciou que a Xunta “lle baixa a catalogación ambiental” ao arquipélago, mentres que o goberno local segue defendendo que sexan Patrimonio da Humanidade e, ademais, tamén Geoparque Mundial da Unesco, dous recoñecementos para os que reúnen “todos os requisitos”.

“E a Xunta non quere”, denunciou e advertiu de que o goberno vigués non se vai a “contentar” con que sexan Reserva da Biosfera, “unha catalogación que xa teñen muhcas áreas de Galicia e de España”. O alcalde tamén censurou que a Xunta “siga empeñada na súa idea” de promover a candidatura, para Patrimonio da Humanidade, de todo o Parque Nacional das Illas Atlánticas, e insistiu en que iso non é viable porque o arquipélago de Ons “non será nunca Patrimonio da Humanidade porque os colonos que as habitan non queren”. Así mesmo, lembrou a proximidade dun “depósito de residuos” a Cortegada e Sálvora.

Caballero lembrou que a Xunta presentou esa “candidatura clandestina” hai 7 anos e, desde entón, non fixo “nada de nada”. “Seguen ríndose desta cidade”, concluíu.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...