InicioSociedadeUn xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que...

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A sentenza revoga a decisión da Seguridade Social ao considerar que as secuelas dun aneurisma son incompatibles co manexo de utensilios perigosos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo recoñeceu a incapacidade permanente dunha cociñeira viguesa cun aneurisma á que a Seguridade Social lle dixera que podía traballar se o facía preto dun centro hospitalario. A resolución estima parcialmente a demanda presentada fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e revoga a decisión administrativa previa, que denegara calquera grao de incapacidade.

Segundo os feitos probados, a traballadora presentaba un cadro clínico derivado dunha enfermidade común, composto por unha hemorraxia subaracnoidea aneurismática, unha tendinopatía e alteracións cognitivas leves que afectan á memoria operativa e ao control inhibitorio. O maxistrado concluíu que, aínda que a afectada mantén autonomía para as actividades básicas, as súas secuelas resultan incompatibles co desempeño profesional de cociñeira, unha actividade que esixe procesos complexos, manexo de utensilios perigosos e toma de decisións rápidas nunha contorna de risco.

INCOMPATIBILIDADE COA PROFESIÓN HABITUAL

A sentenza subliña que “o estado clínico residual non é compatible coa súa profesión de cociñeira asalariada”, destacando que as alteracións cognitivas afectan directamente a funcións esenciais para o exercicio seguro da actividade. Con todo, o xulgado considera que a muller si podería desempeñar tarefas de menor responsabilidade que non impliquen riscos asociados ao uso de ferramentas ou temperaturas elevadas. Por iso, recoñéceslle a incapacidade permanente total, que a inhabilita para a súa profesión habitual pero permite outras actividades laborais.

Para Antonio Herdeiro, avogado de BGI-LAW que levou o caso, resulta “sorprendente” que o INSS se limitase a recomendar traballar preto dun hospital. Segundo o letrado, esta recomendación recoñecía implicitamente un “perigo real para a súa vida” mentres, ao mesmo tempo, se lle negaba a prestación, “coma se o feito de estar preto dun hospital supuxese algunha seguridade” nunha contorna de traballo de alta esixencia.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...