InicioMovementos SociaisColectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo de Alfonso, xunto á Oliveira, para denunciar o asalto dunha flotilla solidaria por parte de Israel e reclamar o fin da violencia contra a poboación palestina.

A convocatoria, impulsada por colectivos locais vinculados ao movemento BDS e á solidariedade con Palestina, chega tras difundirse nas redes sociais a denuncia dun novo ataque contra a Global Sumud Flotilla, unha iniciativa internacional que busca romper o bloqueo e enviar axuda humanitaria a Gaza.

Segundo a información compartida polos organizadores, o asalto produciuse en aguas internacionais preto de Creta “con total impunidade e ante a mirada impasible da Unión Europea”, o que motivou a chamada a mobilizarse de maneira inmediata para visibilizar o rexeitamento social e esixir responsabilidades políticas.

A protesta en Vigo enmárcase nunha onda de mobilizacións internacionais que están a xurdir en resposta ao incidente, e que reclaman protección para as misións civís e o fin do que cualifican como un “xenocidio” contra o pobo palestino.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...