InicioMedio Ambiente e PatrimonioUn estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC), en colaboración coa Universidade de Vigo e o Instituto Francés de Investigación para a Explotación do Mar, publicou un estudo no que se define o nicho ecolóxico-conxunto de condicións ambientais, relacións bióticas e funcións que determinan o papel que xoga cada especie dentro dun ecosistema de distintas especies de fitoplancto nas Rías Baixas.

O estudo, que acaba de publicarse na revista Harmul Algae, presta especial atención a microalgas formadoras de floracións algais nocivas (FAN) frecuentes na zona, con impacto potencial sobre a saúde pública e a actividade marisqueira. O traballo emprega observacións de alta resolución vertical, incluíndo mostras de fitoplancto recollidas co ‘Muestreador de Escala Fina’. Este sistema permite obter simultaneamente 15 mostras, a intervalos de 20 centímetros, sen alterar a súa distribución natural, facilitando unha “mostraxe dirixida” en tempo real a capas de interese.

Esta tecnoloxía permitiu detectar estruturas oceánicas e agregacións de organismos que pasan desapercibidos nos programas de seguimento convencionais onde se recollen mostras de auga a intervalos de varios metros. Os resultados permiten detallar o microhábitat específico das especies obxectivo.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...