InicioSociedadeO Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

Este dispositivo estará dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano, para dar atención continuada e de forma inmediata.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento transitorio e de urxencia para mulleres residentes na cidade vítimas de violencia de xénero, segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero, en declaracións remitidas aos medios.

“Trátase de que, se hai un caso de violencia de xénero que necesite de atención inmediata, ter un lugar para poder ofrecer á muller vítima para que estea alí, ter equipos de apoio, ter psicólogos e ter profesionais que estean á beira destas mulleres vítimas de violencias de xénero”, explicou o rexedor olívico.

Así, trátase dun dispositivo que estará dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano, para dar atención continuada e de forma inmediata. Por outra banda, Caballero lembrou que, ademais deste dispositivo, o Concello “cede á Xunta” o inmoble para o Centro de Emerxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero, que acoden “de toda Galicia”, e achega un cuarto de millón de euros “a ese espazo da Xunta”. “Por tanto, somos cidade líder na loita contra as violencias machistas”, proclamou o rexedor.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...