InicioCulturaO Galicia Fest pecha o seu cartel para xuño con Lori Meyers,...

O Galicia Fest pecha o seu cartel para xuño con Lori Meyers, Coti e Beira Fauna

O festival converterá o Peirao de Transatlánticos de Vigo na capital do indie e do pop os días 26 e 27.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A segunda edición do Galicia Fest, que se celebra en Vigo os días 26 e 27 de xuño, dá por pechado xa o seu cartel coa incorporación de Lori Meyers, Coti e Beira Fauna. Ademais, súmase á programación o DJ José de Rico. Deste xeito, o escenario que se montará no Peirao de Transatlánticos de Vigo —cun ancho de 18 metros e un aforamento de entre 6.500 e 7.000 persoas— acollerá o venres as actuacións de La Reina del Flow, Coti, Maryland, Miriam Rodríguez, Pablo Lesuit, Sabela e José de Rico.

O sábado será a quenda de Juan Magán, Lori Meyers, Taburete, Álvaro de Luna, Carla Lourdes, Fredi Leis, Marlena e Beira Fauna. O evento conta co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra. Segundo explicou o director do festival, Antonio Casal, a venda de entradas, tanto de abonos como de días individuais, “vai a bo ritmo” de cara á cita do vindeiro mes.

Pola súa banda, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou que este evento converterá a Vigo en “capital do indie e do pop” a finais de xuño e en “polo de atracción” para os visitantes. Así mesmo, suliñou que, tras o éxito da edición de 2025, a previsión é que o Galicia Fest tamén triunfe este ano na cidade olívica. A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, fixo un chamamento a acudir ao festival e puxo en valor a calidade dos grupos e artistas confirmados.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...