O Concello de Vigo licitou a contratación do programa de apoio familiar e social para usuarias da rede municipal de vivendas de protección para vítimas de violencia de xénero, que dispón de tres inmobles destinados a este propósito. O proxecto contará con 92.000 euros de orzamento en dous anos. “O programa busca acompañalas e ás persoas que dependan delas no proceso de alcanzar unha vida independente e autónoma”, explicou o alcalde, Abel Caballero, nun audio remitido aos medios. Neste sentido, ofreceralles apoio para lograr metas laborais e sociais, así como un seguimento das súas metas de saúde e de procedementos xudiciais.
O Concello de Vigo licita por 92.000 euros o programa de apoio para vítimas de violencia de xénero
Abel Caballero explica que o proxecto busca a autonomía das mulleres e das persoas dependentes que ocupan as vivendas municipais.
PUBLICADO O
- Advertisement -
