InicioSociedadeVídeo: Miles de persoas toman as rúas para esixir unha sanidade pública...

Vídeo: Miles de persoas toman as rúas para esixir unha sanidade pública digna

Unha marcha histórica na que Vigo berrou que 'a sanidade non se vende'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O servizo de urxencias extrahospitalarias de Pizarro marcou este xoves o inicio dunha marcha histórica da cidadanía viguesa, que tomou conciencia, denunciou o estado da sanidade pública na cidade e en toda Galicia e reclamou medidas urxentes ao goberno da Xunta.

A mobilización deu comezo ás oito da tarde e continuou pasadas as nove. O percorrido pasou por Praza de España, Gran Vía e Urzáiz, e xa en Príncipe leuse un manifesto por un servizo “digno e de calidade”. A multitude berrou contra Núñez Feijóo, Jesús Vázquez Almuíña (conselleiro de Sanidade) e o xerente da EOXI de Vigo, Félix Ruibal. ‘Goberne quen goberne, a sanidade non se vende’, clamaban.

 

ÚLTIMAS

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...