InicioDeportesO Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

"Tela ti?", é a pregunta que lle lanza a presidenta do cluve a artista norteamericana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar a camiseta do equipo que luciu a cantante Madonna en 1990, durante o concerto que ofreceu no estadio de Balaídos. Así, segundo publica o club nas súas redes sociais, a presidenta da entidade, Marián Mouriño, dirixiu unha carta á artista na que lle pide a súa “axuda” para atopar esa peza. Nesa comunicación, explícalle que o recordo daquela noite do 29 de xullo de 1990 “segue moi vivo” entre a afección: “A túa imaxe coa nosa camiseta converteuse nun mito e forma parte desa historia do Celta que tamén se escribe fóra do terreo de xogo”.

Marián Mouriño asegura que a imaxe de Madonna coa elástica celeste “comezou a brillar doutro xeito co paso dos anos”, porque se entende mellor o que a cantante defendía entón: “cuestionar o establecido e facer fronte a quen pretende dicirche o que podes ou non podes facer”. “No club que presido, recoñecémonos nesa maneira de estar no mundo”, sinala a presidenta.

“Por iso temos a ilusión de atopar esta peza. A procura non é un capricho, é un acto de memoria, é patrimonio emocional do noso club”, expón e anuncia que o vindeiro venres, no partido ante o Real Madrid en Balaídos, o Celta dedicaralle “un xesto de agarimo” co fin de formularlle unha pregunta: “Tela ti?”. “Se sabes onde pode estar ou queres axudarnos, por favor, contacta por mensaxe privada”, conclúe a carta Marián Mouriño.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...