InicioCulturaAn Alfaya recibe o Premio Laxeiro 2026 no MARCO de Vigo pola...

An Alfaya recibe o Premio Laxeiro 2026 no MARCO de Vigo pola súa traxectoria literaria e o compromiso coa cultura galega

A Fundación Laxeiro recoñece a versatilidade e a prolífica produción da escritora viguesa nun acto marcado polo recordo a Xesús Alonso Montero e pola reivindicación da literatura como ferramenta para transformar a sociedade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O museo MARCO de Vigo acolleu este luns o acto de entrega do Premio Laxeiro 2026, que recaeu na escritora viguesa An Alfaya, pola súa “prolífica produción, a gran versatilidade da súa escritura e o talento para dirixirse ao público infantil, xuvenil e adulto”.

Coincidindo co 118 aniversario do nacemento de Laxeiro, a Fundación que leva o seu nome fixo entrega dun recoñecemento que cada ano premia a unha persoa, colectivo ou institución polo seu labor a favor da cultura galega. No acto, o secretario xeral do padroado da Fundación, Carlos García-Suárez, subliñou o “mérito” de An Alfaya para facerse acredora do galardón e tivo palabras de lembranza para Xesús Alonso Montero, recentemente falecido e distinguido co Premio Laxeiro 2023.

Pola súa banda, o escritor Francisco Castro referiuse á data do 23 de febreiro para lembrar o golpe de Estado de 1981 e a importancia de “non esquecer a fraxilidade da democracia en tempos de ameaza do fascismo”. Ademais, puxo o foco en Rosalía de Castro como máxima expoñente da literatura galega e definiu a An Alfaya como unha “dignísima continuadora” da tradición feminina das letras galegas.

A homenaxeada agradeceu o recoñecemento e destacou a relación entre a literatura e as artes plásticas, reivindicando a capacidade da arte para conmover, humanizar e “transformar”. “Quizá a cultura e a creación sexan a táboa de salvación que nos queda, a última esperanza”, proclamou. O acto foi clausurado polo presidente da Fundación Laxeiro e alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen puxo en valor o traballo da entidade na difusión do legado do artista e na promoción da cultura galega.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...