InicioEconomíaAcordo entre empresa e traballadores para retirar o ERE en GKN

Acordo entre empresa e traballadores para retirar o ERE en GKN

A cambio, os sindicatos accederon a outras medidas de flexibilidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo acordou co seu persoal a retirada do expediente de regulación de emprego (ERE) que pretendía impulsar a dirección da compañía a cambio de establecer outro tipo de medidas de flexibilidade. En concreto, sindicatos e empresa alcanzaron un acordo o pasado venres, que foi apoiado na mañá deste xoves por máis dun 80% dos traballadores da firma. Desta maneira, o comité volveu reunirse coa empresa para ratificar o preacordo.

Este consenso foi alcanzado tras catro reunións, a última delas alongouse unhas 12 horas o pasado venres. Así, a representación dos traballadores cedeu na flexibilización dunha cláusula do seu contrato a petición da empresa, mentres que esta retirou o ERE, que pretendía afectar inicialmente a unhas 75 persoas.

Ata agora, a empresa contaba cun mecanismo de flexibilidade para poder prescindir de traballadores durante un período concreto, durante o que cobran o 50% do seu salario. Se ata agora ese tempo era de 10 días ao ano por persoa –como máximo, dous días ao mes–, a partir do preacordo tomado, ampliaríase ata os 20 días anuais, cun tope de catro cada mes. Este é un mecanismo utilizado cando diminúe a carga de traballo por diferentes circunstancias, como cando baixan as compras dun fabricante. Segundo o presidente do comité, Pedro Curral (CIG), ata agora mostraran resistencia a ampliar ese tempo porque se usou “moi pouco” e a medida sempre afecta aos “mesmos talleres”.

Con este acordo, o comité ve cumprido o seu obxectivo de que non existan “saídas traumáticas”. Agora, insisten na importancia de dotar á fábrica de máis carga de traballo, o que permitirá que non se utilizasen estes novos mecanismos de flexibilidade.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...