InicioSociedadeO Goberno vigués veta unha declaración institucional para pedir a fin das...

O Goberno vigués veta unha declaración institucional para pedir a fin das peaxes na AP-9

Abel Caballero defende que leva "toda a vida" reclamando a gratuidade e acusa ao BNG de atrasar a construción da autoestrada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo vetou este mércores unha proposta de declaración institucional, promovida polo BNG, coa que se pretendía que o Pleno da cidade esixise de xeito unánime o fin das peaxes na AP-9. A iniciativa, presentada na Xunta de Voceiros, foi rexeitada polo grupo socialista, impedindo así que a corporación reclamase formalmente a anulación da prórroga da concesión, a xestión directa dende Galicia e a supresión total dos pagos por circulación.

O voceiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, lamentou o que cualificou como un “veto antidemocrático” por parte do PSOE. Segundo Igrexas, o Bloque mostrouse disposto a modificar o texto para acadar o consenso, pero o grupo maioritario limitouse a rexeitar a proposta sen expoñer cambios. O edil acusou ao goberno de Abel Caballero de priorizar a “submisión” a Madrid antes que os intereses da cidadanía viguesa, lembrando que os socialistas xa se abstiveran nunha moción similar en xullo de 2024.

CABALLERO REIVINDICA A SÚA TRAXECTORIA E ATACA AO BLOQUE

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu con contundencia a súa postura a favor da eliminación das peaxes, asegurando que as leva reclamando ante todos os gobernos centrais dende que asumiu o cargo. “Pedinlla a Zapatero, a Rajoy e a Pedro Sánchez”, proclamou o rexedor, quen aproveitou para cargar contra os populares pola prórroga aprobada no mandato de Aznar e contra o propio BNG polo seu posicionamento histórico.

O alcalde acusou aos nacionalistas de atrasar a construción da autoestrada durante anos con “manifestacións e actividades violentas” e esixiu tanto a PP como a BNG que “pidan perdón a Galicia”. Caballero sentenciou que non aceptará que estas formacións pretendan agora “blanquear” o seu pasado e insistiu en que el non deixou nin un só día de esixir a gratuidade da infraestrutura.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...