InicioSucesosHospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca...

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

O menor, veciño de Vigo, recibiu unha coitelada na coxa durante a festa e permanece estabilizado no Hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite deste luns tras ser agredido con unha arma branca ou un obxecto similar durante a celebración do Entroido de Hío, en Cangas. Segundo confirmaron fontes da Garda Civil, o aviso recibiuse arredor das 21:30 horas a través da Policía Local, informando dun ataque a un menor na citada parroquia canguesa.

O mozo presentaba unha ferida na coxa dunha perna e foi atendido inicialmente no mesmo lugar polos servizos sanitarios. Debido á gravidade da lesión, os profesionais decidiron o seu traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde permanece estabilizado.

A Garda Civil mantén aberta unha investigación para tratar de esclarecer o ocorrido. Por agora, non se logrou identificar a ningunha persoa como posible autor dos feitos, unha tarefa que se viu dificultada pola gran cantidade de xente que se atopaba nese momento na festa disfrutando do Entroido.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...