InicioEconomíaTemor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O III Congreso Internacional Maritime Trends Summit reunirá en Vigo a 200 expertos do sector

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o “bo momento” da industria naval en Galicia, que ten marxe “para seguir crecendo”, pero advertiu da escaseza de persoal cualificado. Así o trasladou, con motivo da presentación do II Congreso Internacional Maritime Trends Summit, e sinalou que o naval galego ten unha capacidade produtiva ocupada dun 80% de media.

Mallón puxo o foco en nichos estratéxicos, nos que Galicia mantén un liderado, como a construción de buques oceanográficos, pesqueiros, auxiliares e offshore. A esta actividade súmase o vector de seguridade e defensa, coa construción das fragatas F-110 en Ferrol e outras embarcacións, como patrulleiras para as forzas de seguridade nacionais e internacionais. Mallón tamén se referiu ao marcado carácter internacional deste sector, e apuntou que, na última década, ao redor do 90% dos buques construídos en Galicia destináronse á exportación, consolidando a súa presenza en mercados estratéxicos de Europa, América e Asia.

En canto á carteira de pedidos, explicou, Galicia continúa desempeñando un papel determinante dentro do conxunto naval español. O 2025 pechou con 34 pedidos en carteira, 6 deles relativos ás fragatas F-110 e o buque de apoio para a Mariña Española, mentres que os estaleiros privados acumularon un total de 28 buques contratados por valor de 1.600 millóns de euros. Galicia concentra así o 41% da carteira de pedidos a nivel nacional e o 33% dos novos contratos.

ESCASEZA DE TRABALLADORES

Con todo, o secretario xeral de Asime incidiu nun dos retos que afronta esta industria, que é a escaseza de traballadores. Respecto diso, asegurou que os novos pedidos, especialmente os asociados ás fragatas, “requirirán practicamente duplicar traballadores de Navantia e auxiliares, polo que serán necesarias máis de 4.000 persoas adicionais na industria naval no curto-medio prazo”.

Segundo explicou, para paliar esta escaseza, xa se está recorrendo a traballadores estranxeiros, especialmente procedentes de países de fala hispana. Actualmente hai xa uns 800 empregos cubertos nestes momentos por traballadores non comunitarios, “pero non é suficiente para que estaleiros e auxiliares poidan asumir novos contratos”, advertiu.

CONGRESO INTERNACIONAL MARITIME TRENDS SUMMIT

O III Congreso Internacional Maritime Trends Summit celebrarase os próximos 24 e 25 de febreiro en Vigo e consolídase, segundo recalcou Mallón, “como evento de referencia no sector”. “É un congreso singular, que se diferencia doutros eventos por estar moi orientado á xeración de negocio”, explicou.

ÚLTIMAS

Caballero ameaza con acudir á FIFA e acusa á RFEF, Xunta e Deputación de “confabularse” para deixar a Vigo fóra do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitiu unha carta ao presidente da Real Federación...

Rueda celebra a conexión de Stellantis á rede de moi alta tensión e a “rectificación” do Goberno central

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou este luns a súa satisfacción tras o...

Detido en Gondomar tras disparar cunha arma de aire comprimido contra unha muller e atrincheirarse na súa vivenda

A Garda Civil detivo a pasada semana a un home de 52 anos no...

CIG pide un plan para o naval vigués tras as “noticias negativas” sobre San Enrique e Cardama

O sindicato CIG solicita unha reunión coa conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, para...