InicioSociedadeO PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que revise "canto antes" os posibles danos que puidesen causar os diversos temporais rexistrados este inverno.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar “canto antes” os posibles danos provocados pola sucesión de temporais rexistrados durante este inverno. Nun comunicado, os populares sinalaron que o mal tempo causou diversos desprendementos de elementos en fachadas e luces de Nadal, así como a caída de árbores e ramas ou o colapso da praia da Calzoa. A formación alerta de que existen puntos na cidade que representan un perigo real tras verse afectados polas inclemencias meteorolóxicas, o que require unha intervención inmediata por parte dos servizos municipais.

Entre os lugares máis críticos, o PP destaca a entrada ao campo de fútbol da Guía, onde unha árbore de gran tamaño medrou practicamente envorcada sobre o acceso ao recinto. A escasa distancia deste punto tamén se rexistrou o esborralle dun noiro, o que levou aos veciños a solicitar unha supervisión oficial para verificar o risco de novos derrubamentos. Segundo denuncian os populares, o goberno local ignorou ata o momento estas reclamacións, xerando temor entre a veciñanza ante a posibilidade de que a árbore acabe caendo nun lugar de tránsito diario para numerosos nenos e nenas.

ÚLTIMAS

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...