InicioMedio Ambiente e PatrimonioPatrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, informou favorablemente ao Concello de Vigo sobre o proxecto para a urbanización dun tramo da rúa Serafín Avendaño, o máis próximo ao novo ascensor Halo. O departamento autonómico responde así á administración local sobre o expediente de obras de humanización da devandita rúa. Segundo recolle, a resolución de Patrimonio dá por terminada a intervención de sondaxes arqueolóxicas dos movementos de terras na obra, que vai desde a avenida García Barbón ata o Halo.

“Non hai inconveniente, desde o punto de vista arqueolóxico, para o inicio das obras de urbanización proxectadas. Por iso, dada a entidade e extensión da intervención, con áreas non rexistradas, resulta necesario continuar coa fase de control arqueolóxico dos movementos de terras, previsto no proxecto arqueolóxico”, sinala Patrimonio, segundo recolle a Xunta nun comunicado.

ÚLTIMAS

Acampada pola Vivenda de Vigo destaca a boa acollida da veciñanza: “traen comida e outros materiais”

A Acampada pola Vivenda de Vigo mantense na Praza de Compostela da cidade e,...

Cargos de Vox critican o “acoso” que sofren e van á Acampada de Vigo a buscar bulla

Vox denunciou este mércores os "episodios de violencia" que tiveron que sufrir nos últimos...

O BNG denuncia os salarios “estratosféricos” que propón o goberno de Caballero

O BNG de Vigo mostrou este mércores a súa oposición á subida do 5,5%...

Caballero pide reunirse xa con Xunta e Deputación sobre o financiamento do Mundial e esta pídelle coñecer proxectos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a insistir en pedir un encontro coa...