InicioPolíticaInhabilitado un exconcelleiro tras recoñecer que prevaricou na contratación dunhas obras en...

Inhabilitado un exconcelleiro tras recoñecer que prevaricou na contratación dunhas obras en Baiona

PUBLICADO O

- Advertisement -

O exconcelleiro socialista de Baiona, Óscar Martínez Álvarez, aceptou a pena de 9 anos de inhabilitación como autor dun delito de prevaricación, nunha vista de conformidade celebrada este martes na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

O exedil recoñeceu os feitos que lle atribúe a Fiscalía, que rebaixou a súa petición de condena, e a sala ditou sentenza: 9 anos de inhabilitación para exercer como cargo electo ou para ter un cargo ou posto con competencia decisoria ou executiva no ámbito da contratación pública. A resolución foi declarada firme, ao manifestar as partes a súa intención de non recorrer.

Segundo recolle o escrito de acusación pública, Óscar Martínez foi concelleira de Vías e Obras no goberno municipal de Baiona dirixido polo socialista Carlos Gómez Prado, entre 2019 e 2023 e, desde 2022, sumou ás súas responsabilidades tamén a área de Urbanismo. O ministerio público sostén que, a pesar de non ter competencia para a contratación, a principios de 2023 contactou cunha construtora e ofreceulle a realización de obras de mellora e hormigonado en varios camiños veciñais de Baiona, en Baredo, Camiño Lugar da Ponte e lugar de Carballo.

En febreiro, a empresa presentou orzamentos por un importe total de 38.115 euros e, días despois, o concelleiro procesado remitiu un correo á construtora aceptándoos. Xa en abril, a empresa presentou ante a Intervención municipal as facturas correspondentes aos traballos executados, pero estas non foron abonadas. Ante un requirimento da mercantil, o Concello negouse a pagar, ao negar que houbese unha contratación, e a construtora tivo que acudir á vía xudicial.

A Fiscalía sinala que Óscar Martínez realizou a contratación das obras “carecendo de competencia para iso, sen incoar o preceptivo expediente administrativo e con total inobservancia do procedemento aplicable para a realización de contratos menores”.

ÚLTIMAS

Arrinca en Vigo unha complexa operación para estabilizar a carga do portacontedores ‘María Francisca’

A Autoridade Portuaria de Vigo iniciou os traballos de eliminación e estabilización da carga...

Abel Caballero negociará con varias aerolíneas aproveitando a presenza de Vigo en Fitur

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que aproveitará a súa presenza e a...

A Policía Local de Vigo corta a rúa Santa Tegra en Teis polo risco de derrube dunha fachada

A Policía Local de Vigo cortou á circulación un tramo da rúa Santa Tegra,...

Piden cárcere para un vigués acusado de alzamento ao renunciar á súa herdanza

A sección do Penal do Tribunal de Instancia, praza 1 de Vigo, acollerá este...