InicioSociedadeA Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado considera "obvio" que a condición de xestante da muller é un factor "indiscutiblemente diferenciador" que xustifica as seis semanas adicionais que concede a Xunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un home contra o Servizo Galego de Saúde (Sergas), na que solicitaba igualar o seu permiso de paternidade ás 22 semanas das que goza a nai do seu fillo, en lugar das 16 semanas que lle correspondían por lei. A sentenza, que xa é firme, subliña que existe unha “distinta situación” obvia entre ambos proxenitores.

O fallo xudicial argumenta que, aínda que o Estatuto Básico do Empregado Público iguala os mínimos, o lexislador autonómico galego recoñece validamente seis semanas máis á empregada pública por unha razón “obxectiva, real e fundada”: o feito de ser a xestante. O xuíz destaca que, á marxe da coparentalidade e o reparto de responsabilidades, o nacemento dun fillo sempre terá un factor diferenciador transcendental para a muller, cuxo permiso tamén busca garantir unha “completa recuperación tras o embarazo e o parto”, algo que a nai necesita “en moita maior medida que o pai”.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...