InicioEconomíaA Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha 'macrotrama' que...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A operación 'Pamplinas Stars' saldoase con cinco detidos e 18 rexistros tras detectar unha rede de 38 sociedades que operaba no sector dos hidrocarburos en todo o Estado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector dos hidrocarburos detectadas en España ata a data. A operación, denominada ‘Pamplinas Stars’, puxo ao descuberto unha complexa estrutura de 38 sociedades á que se lle imputa unha fraude superior aos 300 millóns de euros só durante o ano 2024. No marco desta investigación, realizáronse 18 entradas e rexistros en diversas localidades, incluíndo Vigo, Madrid, Zaragoza e Marbella, onde se interviñeron inmobles, vehículos de luxo, obras de arte, criptoactivos e grandes cantidades de diñeiro en efectivo.

A operación culminou coa detención de cinco responsables da organización criminal, un dos cales xa ingresou en prisión. Segundo informou a Axencia Tributaria este venres, a trama aproveitaba o baleiro normativo previo a 2025 para operar con empresas instrumentais e declarar cotas de IVE moi inferiores ás reais. A rede utilizaba ata tres operadoras maioristas que eran dadas de baixa de forma sucesiva polo Rexistro de Extractores (Redef) a medida que se detectaba a fraude; nun só mes, unha destas sociedades chegou a defraudar 123 millóns de euros.

A investigación, coordinada pola Fiscalía Anticorrupción e dirixida pola Audiencia Nacional, determinou que os fondos obtidos desviábanse ao estranxeiro para evitar o seu rastrexo ou se reinvestían en mercar novas sociedades para dar continuidade á estafa. Esta competencia desleal permitíalle á organización vender combustible a prezos moi baixos, alterando o mercado nacional. Na operación participaron máis de 160 funcionarios, contando co apoio de unidades de Vixilancia Aduaneira e Auditoría Informática de varias comunidades, entre elas Galicia.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...