InicioSociedadeA Audiencia de Pontevedra confirma o arquivo penal do caso 'O Marisquiño'

A Audiencia de Pontevedra confirma o arquivo penal do caso ‘O Marisquiño’

O tribunal avala o sobresemento ao non ver responsables penais polo accidente de 2018 que deixou máis de 400 feridos en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, confirmou o sobresemento provisional acordado polo Xulgado de Instrución nº 3 de Vigo na causa que investigaba o accidente ocorrido en agosto de 2018 durante a celebración do festival do Marisquiño na cidade olívica. O órgano instrutor concluía no seu auto que “non foi posible identificar un responsable penal concreto da acción ou omisión que causou o accidente”, que ocorreu en agosto de 2018 durante a celebración dun concerto no festival O Marisquiño, cando parte dun peirao colapsou e causou máis de 400 feridos.

Deste xeito, a Audiencia Provincial desestima os recursos interpostos por cinco afectados polo derrubamento da estrutura situada baixo o escenario, que solicitaban a continuación das actuacións penais contra varios técnicos do Concello e da Autoridade Portuaria de Vigo. Os maxistrados subliñan que “non se achegaron indicios que permitan atribuírlles aos investigados responsabilidade algunha por incumprimento do deber de vixilancia da estrutura”, e engaden que a instrución practicada non permite soster a apertura dun xuízo oral.

Todo iso despois de que a propia Audiencia ordenase o pasado mes de abril reabrir a causa polo accidente do Marisquiño ao xulgado de instrución para concretar posibles responsabilidades penais por parte dos investigados, tanto técnicos do Concello como do Porto de Vigo. Con todo, tres meses despois, o Xulgado de Instrución número de 3 de Vigo volveu decretar o sobresemento provisional da causa, excluíndo de “responsabilidade penal” a ambas as institucións.

No seu auto de xullo, o xulgado asegurou que se debe excluír de “responsabilidade penal” tanto ao Concello como á Autoridade Portuaria, tendo en conta que a autorización para celebrar o evento correspondeu ao goberno local e a cesión do devandito espazo ao Porto. Para o Xulgado, non parece “debidamente xustificada” a perpetración do delito por imprudencia que deu motivo á formación da causa, tendo en conta, entre outras, dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) no ámbito do contencioso administrativo que declarou a responsabilidade do Concello na falta de coidado e mantemento da estrutura de formigón onde se produciu o accidente.

“Non nos atopamos ante unha responsabilidade obxectiva da administración polo funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos, senón ante a vía penal que se caracteriza por esixir unha responsabilidade por culpa, é dicir, é preciso determinar o concreto individuo responsable, a concreta acción ou omisión e o nexo causal entre un e outro”, sañaló a xuíza no seu día. Agora, a Audiencia confirma esta sentenza e desestima os recursos interpostos por cinco afectados, decretando o arquivo da causa.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...