InicioPolíticaA Deputación lamenta que Caballero non asistise á presentación da reforma da...

A Deputación lamenta que Caballero non asistise á presentación da reforma da piscina de Teis por estar Luisa Sánchez

Tanto o alcalde como o portavoz do goberno local, Carlos López Font, enviaron senllos audios aos medios de comunicación solicitando á Deputación máis investimento para Vigo, indicando que a cidade achega ao ente provincial 85 millóns de euros, segundo os seus cálculos, "e só lles devolvesen 5 millóns".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, lamentou que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, “dese volta” e non asistise ao acto de presentación da reforma da piscina de Teis, financiada ao 70 % polo ente provincial cun investimento de 5 millóns de euros. Nun comunicado, López criticou que o rexedor “cancelase a última hora” a súa presenza no encontro pactado entre ambas as administracións pola presenza da vicepresidenta provincial Luisa Sánchez.

O acto, segundo a Deputación, pretendía pór en valor a colaboración acordada para levar a cabo esa obra, como se adoita levar a cabo nos restantes concellos da provincia cando se pacta algún investimento. “É importante que haxa colaboración e que se vexa. A xente non quere confrontación e esta era unha mensaxe que queriamos lanzar a Vigo, á provincia e a Galicia. Cónstame que o alcalde viña pero deu volta polo feito de que estivese aquí, como unha veciña máis porque as vías son públicas, a vicepresidenta”, explicou Luís López.

Respecto diso, o presidente puxo en valor o papel desenvolvido por Luisa Sánchez, que se entrega “en corpo e alma” para recoller as necesidades dos vigueses e para tratar de atoparlle unha solución. “A Deputación ten palabra e cúmprea, por iso cando dixemos que a cidade máis importante da provincia ía ter como mínimo o mesmo trato que co goberno anterior, meu dito meu feito”, reivindicou.

Pola súa banda, tanto o alcalde como o portavoz do goberno local, Carlos López Font, enviaron senllos audios aos medios de comunicación solicitando á Deputación máis investimento para Vigo, indicando que a cidade achega ao ente provincial 85 millóns de euros, segundo os seus cálculos, “e só lles devolvesen 5 millóns”. Así, lembraron que esta cantidade (5 millóns) era a pactada coa Deputación cando a presidía Carmela Silva. Agora pídenlle que a incrementen segundo o IPC, con preto de 1,5 millóns máis.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...