InicioEconomíaA seguridade privada sae á rúa en Vigo para esixir salarios dignos...

A seguridade privada sae á rúa en Vigo para esixir salarios dignos e un convenio galego

Traballadores e a CIG concéntranse en Vialia contra unha proposta patronal "insuficiente", reclaman subas salariais reais, melloras nos pluses e redución da xornada laboral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores do sector da seguridade privada e delegados da CIG-Servizos concentráronse este venres ante o Centro Comercial Vialia de Vigo para demandar melloras laborais nese sector, e para reclamar un convenio galego, ao considerar “esgotada” a vía estatal de negociación colectiva.

O sindicato nacionalista trasladou o seu rexeitamento á proposta patronal e lamentou que o resto de sindicatos “asumiron boa parte” das formulacións dos empresarios. Para reclamar condicións laborais dignas neste sector, a central nacionalista puxo en marcha un calendario de mobilizacións, que comezou a pasada semana en Santiago e continuou este venres en Vigo.

O responsable de Seguridade Privada de CIG-Servizos, Pedro Pérez, sinalou que a oferta da patronal é “inasumible e insuficiente”, cunha media de aumento salarial do 4 % anual e un 16,97 % acumulado en catro anos, o que “non compensa a perda real de poder adquisitivo dos últimos anos”. Ademais, advertiu de que se trata de “unha subida diferida no tempo, cos maiores incrementos concentrados nos últimos anos do convenio, o que prolonga a precarización salarial”.

O sindicato nacionalista mantén a súa proposta de subida do 8 % anual, e aposta polo incremento de pluses de nocturnidade e festividade, pola equiparación do complemento de perigo, e pola aplicación de novos pluses no ámbito aeroportuario e en contornas con maiores riscos, entre outras melloras. Tamén demanda que se garanta a xubilación parcial e unha redución de xornada, ata as 35 horas semanais, sen agardar a unha posible reforma legal.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...

Tres anos de prisión para un home sorprendido con 10 gramos de cocaína nun bar de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...