InicioEconomíaVigo aproba a oferta de emprego público para 2026 con 79 prazas...

Vigo aproba a oferta de emprego público para 2026 con 79 prazas e un plan de contratación de 236 millóns

O alcalde Abel Caballero destaca o reforzo do servizo de bombeiros e da Policía Local, con 60 postos de acceso libre e o resto de promoción interna.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu luz verde este venres á oferta de emprego público (OEP) para o vindeiro ano, que contará cun total de 79 prazas. Segundo detallou o alcalde, Abel Caballero, a través dun comunicado de audio, a maior parte destes postos corresponden a funcionariado (69 prazas), mentres que as 10 restantes serán para persoal laboral. En canto á modalidade de entrada, 60 prazas serán de acceso libre para a cidadanía e 19 reservaranse para a promoción interna dos traballadores municipais.

O rexedor olívico puxo especial énfase no reforzo da seguridade e as emerxencias. A oferta contempla oito novas prazas para o servizo de extinción de incendios, o que permite, segundo Caballero, ter neste momento “todas as prazas de bombeiros en oferta e en execución”. Do mesmo xeito, sinalou que se está prestando unha atención prioritaria á Policía Local para garantir a cobertura necesaria nestes corpos de seguridade cidadá.

Xunto á oferta de emprego, o Concello tamén aprobou o plan anual de contratación para 2026. Este documento estratéxico prevé un investimento estimado de 236,5 millóns de euros para os diferentes contratos que o consistorio prevé licitar ao longo do próximo exercicio. Este volume de contratación busca dar continuidade á prestación de servizos públicos e ás inversións previstas na cidade.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...