InicioMedio Ambiente e PatrimonioVigo acusa á Xunta de "mentir" sobre o bloqueo da planta de...

Vigo acusa á Xunta de “mentir” sobre o bloqueo da planta de biorresiduos de Guixar

María José Caride esixe desculpas a Ángeles Vázquez por responsabilizar ao municipio de informes que debe facer Sogama.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo acusou á Xunta de Galicia de “mentir” sobre a posta en marcha da tolva de biorresiduos da planta de transferencia de Guixar. Tras as declaracións da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, quen afirmou que a activación da instalación dependía dunha autorización municipal, a concelleira de Urbanismo, María José Caride, saíu ao paso para aclarar que a responsabilidade é de Sogama.

Caride explicou que o funcionamento da tolva está pendente de que Sogama —empresa dependente da Xunta— presente un informe de ruídos que xustifique o cumprimento da normativa municipal vixente. Segundo detallou a concelleira, a entidade xa presentou un estudo o pasado mes de outubro, pero este non xustificaba o cumprimento da ordenanza, polo que o Concello non pode dar o visto e prace ata que se emenden as deficiencias técnicas.

A responsable de Urbanismo censurou o que cualificou como unha “papeleta” interpretada pola conselleira durante a súa visita á planta e asegurou que Vázquez pretende responsabilizar ao Concello de informes que debe achegar a propia Xunta. Caride instou á responsable autonómica a presentar o estudo correcto e a pedir “desculpas públicas” polas súas acusacións, que cualificou de “intencionadas e falsas” contra o funcionamento da administración local viguesa.

O CONCELLO “BUSCA TERXIVERSAR”

Pola súa banda, Sogama lamentou que, con estas palabras de Caride, o goberno municipal busca “terxiversar” e “xerar ruído”. Respecto diso, subliñaron que o informe de ruido foi enviado ao Concello de Vigo en outubro e este tardou dous meses en responder, solicitando información adicional. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, apelou á “colaboración institucional” para que se axilice ese trámite e o Concello poida empezar a levar os biorresiduos á planta de Guixar, insistiron desde Sogama, nun comunicado remitido aos medios. “Lamentamos que o Concello de Vigo busque, unha vez máis, xerar ruido a base de terxiversar o que foron unhas explicacións moi claras e cinguidas aos feitos. E, peor aínda, chegando ao extremo de lanzar acusacións de supostas mentiras que non se axustan en absoluto á realidade“, resolveu a empresa pública autonómica.

 

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...