InicioEconomíaAugas de Galicia substitúe catro válvulas danadas na presa de Eiras por...

Augas de Galicia substitúe catro válvulas danadas na presa de Eiras por 2,3 millóns

Os traballos de emerxencia garantirán o abastecemento a Vigo e outros oito municipios da área.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Augas de Galicia iniciou obras de emerxencia na presa de Eiras, cun investimento previsto de case 2,3 millóns de euros, para garantir o abastecemento de auga a Vigo e oito municipios da súa área.

Os traballos céntranse na substitución de catro válvulas de toma de auga que regulan o fluxo cara á potabilizadora do Casal. Segundo un informe do organismo autonómico, as válvulas foron instaladas en 1977 e “nunca renovadas”, e agora presentan unha “deterioración estrutural xeneralizado, con corrosión avanzada e risco de fallo”.

A Xunta lembrou que, aínda que a presa é de titularidade autonómica, a operatividade desas válvulas correspondíalle en exclusiva á concesionaria do Concello de Vigo, Aqualia, que nunca informou de incidencias. Para evitar cortes, realizarase un ‘bypass’ para o bombeo provisional mentres se substitúen as pezas.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...