InicioEconomíaAnuladas as liquidacións que Vigo quería cobrar ao Porriño pola subministración de...

Anuladas as liquidacións que Vigo quería cobrar ao Porriño pola subministración de auga

Tendo en conta que gran parte do diñeiro que Vigo pretendía cobrar era por custos de mantemento da presa, o xulgado revogou o acordo plenario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do contencioso administrativo 2 de Vigo declarou contrario a dereito o acordo plenario adoptado polo Concello olívico en marzo de 2023, polo que se actualizaban as cantidades que a administración viguesa cobraba ao Concello do Porriño polos custos de operación e mantemento da presa de Eiras ata o punto de entrega, e que sumaron, nese exercicio de 2023, case 150.000 euros.

Así, e a pesar de que inicialmente os tribunais confirmaron que O Porriño tiña unha débeda co Concello de Vigo polo canon da subministración de auga, posteriormente, no marco doutro litixio (entre o consistorio olívico e a Xunta), declarouse que a competencia do mantemento do encoro é autonómica.

En base a isto, e tendo en conta que gran parte do diñeiro que Vigo pretendía cobrar era por custos de mantemento da presa, o xulgado revogou o acordo plenario. Na súa sentenza, ademais, sinala que, aínda que o Concello de Vigo teña dereito a cobrar polos custos de mantenimento da canle de subministración, O Porriño tamén ten dereito a coñecer a desagregación deses custos.

O contencioso administrativo ditou tamén unha segunda sentenza na que, tendo en conta a anulación do acordo plenario, declara tamén contrarias a dereito as liquidacións do ano 2023. Esas cantidades suman 148.817, 99 euros, aínda que as correspondentes aos meses de xullo, agosto, setembro e outubro deviñeron firmes, xa que non foron recorridas.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, sinalou nun comunicado que o municipio “pagará sempre o que lle corresponda, pero non o que Vigo decida e impoña pola súa conta”. “O Porriño non ten que pagar pola subministración de auga, pois para iso ten unha concesión outorgada no ano 1962 (…), senón polo mantemento das infraestruturas de captación e condución, e sempre conforme á lei e aos acordos vixentes”, engadiu.

Ademais, o rexedor insistiu en que leva tempo tratando negociar con Vigo un acordo para levar a cabo os pagos, pero “nunca” obtivo resposta de Abel Caballero.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...