InicioPolíticaVigo fará unha tasación propia do IFEVI se a Xunta non acepta...

Vigo fará unha tasación propia do IFEVI se a Xunta non acepta un taxador acordado

A Xunta dispón de 9 dos 14 membros do Padroado do IFEVI, fronte a un único representante municipal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concelleira de Urbanismo do Concello de Vigo, María José Caride, anunciou que o goberno local realizará a súa propia valoración do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) se a Xunta de Galicia non acepta a proposta municipal de acordar un taxador conxunto.

Caride insistiu na importancia de valorar as achegas de cada administración ao recinto feiral, debido á desproporción actual no seu Padroado: a Xunta dispón de 9 dos 14 membros, e o Concello só dun.

A concelleira criticou o informe de valoración presentado polo Executivo galego, que cifra a parte municipal en 14,9 millóns e a autonómica en máis de 20 millóns. Caride emprazou a Xunta a “deixar de enredar e falsear a situación patrimonial do Ifevi” e a aceptar unha nova tasación conxunta.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...