InicioSociedadeA Bonoloto reparte sorte por partida doble en Vigo: dous premios de...

A Bonoloto reparte sorte por partida doble en Vigo: dous premios de máis de 60.000 euros

Dous boletos selados en Castrelos e O Freixo resultan premiados na Segunda Categoría, mentres o bote millonario viaxa a Xaén.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sorteo da Bonoloto deste luns deixou dous premios de máis de 60.000 euros en dous establecementos de Vigo, onde se selaron dous boletos gañadores da Segunda Categoría. En concreto, segundo informa Lotarías e Apostas do Estado, o primeiro premio (ao acertar os 6 números) caeu en La Carolina, en Xaén, dotado de máis de 4,38 millóns de euros.

Pola súa banda, repartíronse tres segundos premios (5 acertos e un complementario). Destes, un foi a parar a Barcelona e os outros dous a Vigo, repartidos en dous locais situados na Avenida de Castrelos e na Avenida do Freixo. Cada un deles está dotado con 60.300,52 euros.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...