InicioCulturaA escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

PUBLICADO O

- Advertisement -

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa An Alfaya, segundo anunciou o presidente da devandita entidade e alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor destacou a traxectoria de Alfaya no ámbito da literatura infantil, xuvenil e adulta. Así, puxo en valor que as súas obras, escritas en galego, foron traducidas a multitude de idiomas como o castelán, o catalán e o inglés. Tamén se referiu a a participación de Alfaya na fundación do Teatro Avento de Vigo.

“As nosas felicitacións a An Alfaya, unha escritora certamente sensacional”, subliñou Caballero, engadindo que recibirá o seu premio no mes de febreiro.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...