InicioSociedadeA cooperación internacional da DEA, fundamental para coller o narcobarco nas Canarias

A cooperación internacional da DEA, fundamental para coller o narcobarco nas Canarias

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, resaltou a cooperación internacional que deu como resultado a incautación de 6.500 quilos de cocaína con destino ao porto de Vigo. Foi en declaracións aos xornalistas en relación a un operativo no que axentes do Grupo Especial de Operacións abordaron a 600 millas das Illas Canarias e co apoio da Armada Española un mercante que transportaba un peso bruto aproximado nas súas adegas de 6.500 quilos de cocaína. O destino final do buque era o porto de Vigo.

E é que grazas aos mecanismos de cooperación policial internacional, o pasado 8 de outubro recibiuse unha información procedente da axencia americana DEA (Drug Enforcement Administration) na que alertaban das actividades dunha organización criminal internacional que pretendía levar a cabo o transporte dunha gran cantidade de cocaína a través do Océano Atlántico, segundo relatou o corpo de seguridade.

“A operación segue aberta”, aseverou o delegado do Goberno, quen destacou o labor das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a cooperación internacional tras a última incautación, con desembarque da mercadoría e dos detidos ao porto da Coruña, e con colaboración da Armada francesa.

Un éxito máis. Nas últimas semanas levamos grandes incautacións e pequenas“, recalcou para incidir en que “se está traballando para frear a chegada de drogas e desmantelando moitos puntos”. No caso deste último comiso, unha vez a bordo, localizouse e detivo aos nove membros da tripulación, podéndose atopar nunha primeira requisa de seguridade estruturas e construcións alleas ao que se supón é un buque de carga, as cales serían as que estarían a almacenar o estupefaciente.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...