InicioSociedadeNovidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo...

Novidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo na praza de Vialia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello ampliará o espazo do Nadal á praza de Vialia, que se encherá con 75 casetas do Nadal e dúas pistas de xeo; unha pista infantil de 200 metros cadrados e outra pista para adultos de 540 metros cadrados.

Así o explicou o rexedor este domingo nun audio difundido aos medios, e no que anunciou a creación de ‘Vialia On Ice’ –Vialia sobre xeo–, un evento que converterá a praza en “un dos novos epicentros do Nadal de Vigo con decoración, luz, cor, e ambientación sonora”.

“Ao longo da praza de Vialia instalaranse ademais pérgolas e estruturas de madeira, unha especie de jaimas, que xerarán corredores repletos de luces”, debullou Caballero. Ademais dun tobogán de trineos, unha árbore de Nadal con iluminación LED de 15 metros de altura e 5 metros de diámetro, e un tren infantil do Nadal.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un fuxitivo reclamado por Venezuela por estafar máis de 600.000 euros

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a un home que tiña en vigor...

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...