InicioSociedadeA Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey:...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

Familia que denunciou acoso á súa filla nun colexio de Vigo critica a inacción do centro e esixe responsabilidades.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado Monterrey de Vigo fronte ao “acoso” que a menor sufriu durante dúas semanas por parte dun grupo de alumnos de sexto curso. Os pais participaron nunha concentración diante do centro e esixiron responsabilidades á dirección e ao profesorado.

Segundo relataron, souberon dos feitos grazas a outra alumna que advertiu os seus pais, e criticaron que o colexio non activase o protocolo ata que eles mesmos o solicitaron. “Arrastrábana polo chan, subíana ás árbores e tapábanlle a cabeza con sudadeiras. Non é violencia illada, é acoso”, asegurou a nai.

A familia sostén que existen polo menos outros tres expedientes abertos por casos similares e denuncia a “falta de medidas iniciais” a pesar de que outros estudantes alertaron o centro. “Descoñecemos as sancións impostas; só sabemos que abriron cinco procedementos correctores”, explicaron.

Durante a concentración, unha portavoz leu un manifesto no que se cualificou de “grave” a resposta do colexio e se reclamou á Xunta e á Inspección Educativa “que actúen de oficio cando un centro minimice unha agresión”.

Os proxenitores subliñaron que non buscan vinganza, senón “xustiza e seguridade”. Criticaron, ademais, que se pedise á menor identificar os agresores en clase, o que consideran “un erro imperdoable”. “Non é protección, é estigmatización”, concluíron.

XUNTA

Pola súa banda, a consellería de Educación está “encima” do caso dunha nena de 5 anos, do Colexio Monterrey de Vigo, que supostamente sufriu agresións e comportamentos violentos por parte doutros alumnos do centro que lle dobran a idade. Así o trasladou a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa, que este venres acompañou ao conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, nunha visita ao colexio Javier Sensat da cidade olívica.

Segundo explicou, os cinco “procedementos correctores” abertos a outros tantos alumnos por parte da dirección do colexio, enmárcanse nunha fase previa do protocolo acoso escolar. Por tanto, os procedementos están nunha etapa preliminar de investigación.

Dentro desta primeira fase, desenvolvida nos últimos días, o centro elaborou un ditame no que conclúe que “non observa unha situación de acoso, tecnicamente falando, pero si se observa unha situación gravemente prexudicial para a convivencia”, polo que abriu este cinco protocolos.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...