InicioSociedadeSanidade contrario a un radiólogo de garda en Vigo: "Imposibilitaría o desenvolvemento...

Sanidade contrario a un radiólogo de garda en Vigo: “Imposibilitaría o desenvolvemento normal do servizo”

Sanidade di que non ten proposta alternativa dos profesionais que piden un novo radiólogo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo asegurou que establecer un terceiro radiólogo de garda presencial toda a semana, como solicitan os facultativos en folga, “imposibilitaría o desenvolvemento normal do servizo” na cidade olívica. Así o sinalou nun comunicado enviado aos medios de comunicación, onde explicou que a falta de profesionais dispoñibles é o “principal inconveniente” á hora de reforzar as quendas de garda.

Ademais, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) debullou que cando un facultativo realiza unha garda, “deixa de atender ao día seguinte a súa actividade ordinaria”, polo que establecer unha terceira persoa de garda “imposibilitaría o desenvolvemento normal do servizo”.

En total, segundo as súas contas, hai ata cinco radiólogos de garda cada día. En concreto, o servizo conta con dous en presenza física e un terceiro localizado, así como outros dous de garda en diagnósticos e tratamentos urxentes, como ictus. Ante esta situación, a dirección da área Sanitaria trasladou unha proposta ao persoal, que consistía en reforzar os luns a cobertura de gardas cunha terceira persoa e reforzar cunha presenza máis a actividade complementaria polas tardes, “respondendo así os picos de demanda asistencial“, que aseguran ser entre as 15.00 horas e as 22.00 horas.

“A dirección non recibiu ata o momento comunicación formal de rexeitamento nin contraoferta por parte dos profesionais e mantén abertas as portas ao diálogo e á negociación, co obxectivo de conseguir un acordo que garanta a calidade asistencial do servizo”, apuntou o Sergas.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...