InicioMedio Ambiente e PatrimonioChoque entre Caballero e a Xunta pola auga de Vigo: "Só temos...

Choque entre Caballero e a Xunta pola auga de Vigo: “Só temos para 100 días”

O alcalde asegura que a intención do goberno galego é "que se consuma moita auga" para que a cidade quede sen ela.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou á Xunta de Galicia de restar importancia á situación de seca na cidade e de pretender trasladar a idea de que “todo está normal” porque “quere que se consuma moita auga para que quedemos sen ela”.

Así o manifestou o rexedor olívico en declaracións remitidas aos medios, nas que alertou de que, neste momento, a cidade ten auga “soa para 100 días”. “Estamos nunha situación difícil“, advertiu, e sinalou que, segundo os datos de ocupación da presa de Eiras, o volume de auga embalsada é mesmo inferior ao destas datas en 2017, cando Vigo “estivo a piques de quedar sen auga”. “Todos lembramos a seca de 2017, pois estamos peor”, recalcou.

Por iso, censurou as declaracións da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que nas últimas horas aseguraba que o abastecemento estaba garantido aínda que non chovese ata xaneiro, unhas manifestacións que Caballero tachou de “falsas e extemporáneas”. Respecto diso, o alcalde criticou que a Xunta se atreva a garantir o abastecemento cando “non fixo nada”, xa que foi o Concello o que adoptou medidas, como a construción dunha nova potabilizadora ou e as restricións que operan desde agosto pasado para aforrar auga.

O alcalde de Vigo lembrou que o municipio de Baiona, que se abastece da presa de Zamáns está nunha “situación límite” e que o seu alcalde xa se dirixiu ao Concello olívico para pedir auga. “Pediuna a Vigo, non á Xunta”, salientou Caballero. Así mesmo, volveu a esixir que se reduza o caudal ecolóxico da presa de Eiras para embalsar máis volume de auga e afirmou que a Xunta traslada unha mensaxe de aparente normalidade e négase a reducir ese caudal “porque quere que Vigo quede sen auga”. “A mensaxe da conselleira é porque queren que se consuma moita auga e que quedemos sen auga”, aseverou o rexedor.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...