InicioMedio Ambiente e PatrimonioA UVigo participa nun proxecto para a detección satelital de incendios

A UVigo participa nun proxecto para a detección satelital de incendios

Cunha duración de 30 meses e un orzamento de 4 millóns de euros, este traballo pretende "facer fronte ás limitacións dos sistemas actuais --con resolucións insuficientes e recurrencias de varios días--".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Aistech Space, Telespazio Ibérica e Kreios Space, en colaboración coa Universidade de Vigo (UVigo), están a cooperar para o desenvolvemento dun sistema satelital para a detección temperá e monitorización de incendios que permita actuar máis eficazmente contra o lume.

O proxecto, concedido pola Axencia Espacial Española no marco do Programa Tecnolóxico Espacial, comezou en xaneiro e actualmente traballan nel máis de 20 persoas, informan o tres compañías nun comunicado este xoves.

Cunha duración de 30 meses e un orzamento de 4 millóns de euros, este traballo pretende “facer fronte ás limitacións dos sistemas actuais –con resolucións insuficientes e recurrencias de varios días–“.

No seu caso, utilizará un sistema de imaxes multiespectrales no rango infravermello cunha resolución “sen precedentes” e unha recurrencia inferior a 24 horas.

O seu desenvolvemento articúlase en catro alicerces: un telescopio optimizado para a detección de incendios, un motor para operar en órbitas terrestres moi baixas (VLEO), unha plataforma satelital a 200 quilómetros de altitude e algoritmos de intelixencia artificial que diferencien de forma automática entre incendios e falsas alarmas.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...

Abel Caballero presenta ‘ViveVigo’, o programa municipal para mobilizar 13.000 vivendas baleiras no mercado do aluguer

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres 'ViveVigo', un programa municipal de...